O xogo libre

Esta semana foi cortiña e calurosa así que disfrutamos do xogo libre no patio. As crianzas precisan explorar e xogar sen directrices, de forma libre co sostén e compaña das monitoras.

Nestas alturas de curso o cansancio apremia; horarios, exames, actividades dirixidas… En tardes divertidas fluiron moito estes tres días e a creatividade fixo que creasen xogos en equipo moi divertidos e cheos de aprendizaxe.

Construccións no patio coas rodas, equilibrios no areeiro cos cubos e moitas cousiñas no patio de infantil, onde se está moi ben porque as árbores dan sombriña e como vedes nas fotos, hai comedeiros para os paxaros, instrumentos con cordas de cores, campás, axouxeres… Tamén moitas plantiñas: aromáticas, flores, amorodos e ata leitugas, moitas plantadas en botellas para reciclar!

Viva o xogo libre!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>