Mans á masa!!

¡Esta semana metimos as máns na masa! Tivemos unha visita moi especial. Recibimos con moita alegría a Elvira, unha panadeira e pasteleira coa que tivemos a sorte de facer un obradoiro. 

Aprendemos a facer pizza caseira con ingredientes naturáis, sans e riquísimos! Para facer a masa necesitamos: fariña, levadura de panadería, sal e auga. ¡Nada máis! Logo fixemos o tomate engadindo tomate triturado, ourego, allo natural, sal e un chorriño de aceite de oliva. Gustounos tanto, que algúns non fumos capaces de resistir as ganas de probalo mentres o faciamos!

 Logo, mentres os fornos facían seu traballo, puxémonos mans á obra co postre: tartiña de queixo con iogur, galletas e froita cortada por nós. Quedáronnos unhas creacións propias de restaurantes Estrela Michelín!!

Cando xa estaban feitas as bases das pizzas, puxemos queixo e pavo, esperamos uns minutiños e comezou a degustación. Marchamos co bandullo cheo e moitas ganas de aprender máis sobre esta profesión.

Moitas grazas á Panadería Elvira, da Casalonga, pola colaboración nesta actividade que tanto gustou ós peques.

Esperamos ansiosos e ansiosas a próxima visita!!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>