Parkour, pintando muros e Canción especial

    Esta é a última semana do curso 2018/2019 das Tardes Divertidas da Maía. Foi unha semana moi intensa, porque estivo chea de actividades diferentes, que resultaron de gran interese para os nenos e as nenas. Tamén porque foi unha semana chea de emocións… Nenos e nenas que abandoan o programa, despedidas ata o vindeiro curso, expectación dos nenos e nenas que van comezar primaria, preguntas de nenos e nenas que comezan infantil… Todo un cúmulo de sentimentos!!

   Contámosvos…

   Comezamos a semana recibindo a visita de Nicolás, un rapaz que practica Parkour, e que nos veu falar da filosofía desta disciplina e a facer unha práctica da mesma. Como Nicolás nos indicou o Parkour non leva implícita a competición, e o seu obxectivo é adquirir ferramentas que nos axuden a ser máis útiles nas nosas vidas, a partir da superación dos obstáculos, tanto físicos como mentais. Aconsellounos que unha persoa non debe poñerse en perigo e sempre debe estar acompañada, e para ir acadando retos debe manter un entrenamiento constante.

    Nico preparounos un pequeno circuíto no que os nenos e nenas en cada repetición intentaron superarse. Encantounos a actividade e dende aquí agradecemos o especial cariño con que nos tratou a todas e a todos. Estamos seguras de que para o ano nos volverá a acompañar… 

    Por outro lado, outra das actividades estrela desta semana foi dar color ao patio da Maía. Como non nos gustan os espazos grises, os nenos e nenas colleron as pinturas cedidas pola dirección do colexio e descargaron a súa creatividade nos muros que nos rodean diariamente. O tempo das últimas semanas non nos acompañou e deixounos pintar pouquiño; asi que esperamos seguir para o vindeiro curso continuando co proxecto.

    E, finalmente, queremos amosarvos algo que fixemos con mooooito cariño, para a nosa monitora Rebeca, que está de baixa por maternidade. É un vídeo realizado con debuxos feitos polas crianzas de Tardes Divertidas, que ilustran a canción tamén creada por elas. Foi un traballo que levou tempo, pero que tamén disfrutamos. Cremos que vai ser o éxito do verán, polo menos nas nosas cabeciñas. Esperamos que vos guste…

    Como vedes, semana intensa… Por parte do monitorado, só queda agradecervos os momentos compartidos neste curso (bágoas, risas, frustracións, medos, ilusións, decepcións, alegrías…) para nós é unha honra acompañarvos e que nos acompañedes e… como vos dixo Robotín… O verán é para descansar,respectar, gozar da natureza e disfrutar… E POR SUPOSTO XOGAR, XOGAR E XOGAR… que é co que máis se aprende!! 

    Vémonos á volta,

    FELIZ VERÁN!!!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>