Escalando cara as vacacións

   Esta semana na Escola de Educación Infantil do Milladoiro disfrutamos moito dunha xornada dedicada á psicomotricidade. Para elo, decidimos elaborar un circuíto con diferentes e atractivas probas.

   A primeira proba que tiñan que superar era a escalada dunha montaña. Tras iso, terían que facer un gran salto cos pés xuntos. Posteriormente, pasarían por un desfiladeiro para, tras superalo, correr a toda velocidade cara unha proba de zigzag. Logo, unha sucesión de salto de valos, croqueta e maraña de serpes.

   A verdade é que lles gustou moito e pasaron gran parte da tarde querendo repetir, esperemos que para o ano poidamos seguir disfrutando de momentos así con todos e cada un deles. Gracias por todo!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>