O monstro de cores

É tempo de Samaín, e as nenas e nenos de Tardes Divertidas, durante estas semanas, estiveron falando desta época do ano, dos monstros, dos disfraces, dos medos… Polo que o equipo da Maía, pareceulle interesante, aproveitar para realizar un contacontos moi especial do tan exitoso libro de Anna Llenas, para falar dun monstro moi particular, “O monstro das cores”. 

Este monstro, ten un gran lío na súa cabeza, xa que non é capaz de saber o que sinte porque todas as súas emocións están desordeadas. Os nenos e nenas ao comprobar que tiña semellante lío na súa cabeza animáronse a axudarlle para que puidese identificar as emocións e ser capaz de entendelas . Así ían explicando ó monstro as diferentes emocións (tristeza, alegría, medo, enfado…) escenificándoas xestualmente, e explicando o seu significado con exemplos. Ademais, ían relacionándoas con cores diferentes. Para eso cada neno e cada nena, axudada do noso monstro de cores, convertía pequenos botes de auga en botes de diferentes cores, grazas a… maxia que o monstro lle transpasaba a cada un!

Finalmente, unha vez, que o monstro de cores deu comprendido o que lle pasaba, propuxémoslle un xogo ao que se uniron os e as participantes de Tardes. Comezaron a soar distintas músicas, e cada neno e nena tiña que coller unha tela da cor da emoción que lle provocaba esa canción e bailar coa tela ao ritmo da música. Puidemos comprobar que unha mesma melodía, pode provocar tristeza ou calma, alegría ou medo, dependendo dos óidos que a escoiten.

Foi unha actividade que lles gustou moito, e na que houbo moitas risas e moitas caras de sorpresa grazas ao factor máxico… 

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>