Carta desde Xinzo de Limia

Quedamos co encargo de gardar todas as cartas que o señor Rocka lle escriba á súa neta Sabela e xa chegou a primeira! Como nós contará, marchou a dar a volta ao mundo, e fixo a primeira parada bastante pretiño! En Xinzo de Limia! Na carta conta que coñeceu xente fantástica e que aprendeu cousas que non sabía sobre a música galega. O q máis ilusión lle fixo foi descubrir as tarrañolas, un instrumento que non coñecía. Pediunos que lle enviasemos máis información sobre as tarrañolas, así que nos puxemos mans á obra. Buscamos en internet e, para ter unha idea de primeira man, conseguimos que nos visitarse un experto que nos ensinou, entre outras moitas cousas, como se tocan as tarrañolas. Agora, estamos escribindolle ao señor Rocka todo o que aprendimos! 

Ah, tamén nos enviou un CD de Xosé Lois Romero & Aliboria, que nos deu moito xogo para botar unhas bailas!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>