Millamural musical

    Durante esta última semana seguimos incidindo cos nenos e nenas do Milladoiro na importancia que ten a discriminación auditiva.

    A actividade de esta semana, que nos presentaron os avós a través de postal, consistía en que os nenos escoitasen o son de diferentes instrumentos, conseguisen clasificalos en tres grandes grupos (vento, corda e percusión) e coloreasen un mural con eles. A verdade é que quedamos bastante sorprendidas co nivel de discriminación auditiva que foron presentando, pero máis aínda coa súa capacidade de clasificalos en vento, corda ou percusión. Finalmente, déronlle o seu toque persoal coloreándoos e pegándoos ao seu gusto.

   Foi unha actividade moi entretida, coa que coseguimos aguzar máis o noso oído, ampliar o noso coñecemento e colorear ao noso gusto.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>