Cantando baixo a choiva

Iniciamos a primeira semana de actividades dedicadas a cantar, sí, sí, a cantar…bueno ou polo menos a intentalo, ah!! e o de que chova tanto non vaiades a pensar que temos algo que ver ehh!!. 

Bromas a parte, pasiño a pasiño os nosos nenos e as nosas nenas realizaron: exercicios de soprar, de imitación de sons, de intensidade de voz e trabalinguas.

Se estas primeiras actividades foron moi lúdicas, provocando grandes gargalladas, as seguintes foron moi “profesionais”, destacando: quentar a voz, respiracións, proxectar os sons e vocalizar. 

Finalizamos a semana coa “Festa de Outono” do noso cole, na que ademais de castañas, biscoito e chocolate, as nenas e os nenos de Tardes xogaron, cantaron, riron e bailaron.

Un saúdo familias. 

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>