Un agasallo diferente

En decembro despedimos á familia musical que nos acompañou dende principios de curso; e agora, damos a benvida a un trimestre cheo de sorpresas relacionadas co ilusionante mundo do teatro. Antes de coñecer quen nos acompañará nesta nova aventura; fixemos unha pequena actividade de iniciación, na que usamos unhas das ferramentas más importantes para a creación de historias… A imaxinación e a improvisación!

Despois do remate do Nadal, un dos temas dos que máis falaron as nenas e os nenos foi dos agasallos recibidos; polo que nos pareceu moi interesante reflexionar sobre está temática, a través do conto ilustrado “Un agasallo diferente”. A través dos personaxes da historia démonos conta que cun agasallo feito con moito amor pero que a priori non lle fixera moita ilusión ao seu receptor, os protagonistas viviron moitas aventuras grazas á súa imaxinación, xa que un simple obxecto pode utilizarse de moitos xeitos diferentes sempre que non lle poñamos límites ao noso maxín. Despois da lectura, cada participante utilizou cachos de tela para crear as súas propias historias. 

Vai ser un trimestre moi creativo porque de imaxinación imos “sobrados”.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>