Todos somos monicreques

Como xa anunciamos neste blog, co troco de ano chegamos a un cambio na temática da programación de Tardes Divertidas, pero para nada vai ser un abandono do traballo anterior. Pasamos agora a centrarnos no teatro. Por este motivo, na Escola de Educación Infantil do Milladoiro decidimos adentrarnos no primeiro contacto que os máis pequenos teñen co teatro, os monicreques.

   Así, comezamos por presentarlles os diferentes tipos de monicreques; de dedo, de luva, e de boca, para rematar falando das marionetas de fíos. Desta maneira, os nenos íanse dando conta de que podemos interpretar diferentes personaxes con distintas partes do noso corpo, ou o que é o mesmo, que podemos disfrazar calquera parte do noso corpo para facer unha personaxe.

   Tras isto, deixámoslle os diferentes monicreques a cada neno co fin de que por quendas fosen saíndo ao noso teatriño a interpretar, contar ou desenvolver algo. Foi un momento de moita liberdade e creatividade onde cada un foi o que quería ser.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>