A conservación do medioambiente

Nas Tardes sempre pretendemos que as nosas nenas e nenos aprendan a reducir residuos, reutilizar e reciclar, e que o fagan de forma autónoma e creativa, xa que pensamos que pode ser de axuda para que o convertan en algo habitual na súa vida cotiá.

 Para iso, dámoslle a coñecer os recursos e as técnicas necesarias para poder elaborar obxectos con materiais de refugallo, empregando a súa imaxinación e as súas habilidades. 

Nesta ocasión decidimos facer papel reciclado, algo que levabamos tempo dándolle voltas e que queriamos probar no noso grupo. 

O interese que amosaron, a enerxía coa que prepararon a masa, as ganas de probar ferramentas novas e as ansias por velos resultados, converteron algo tan sinxelo nunha actividade exitosa.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>