Improvisando con arte

Esta semana toca improvisar a través de xogos como: o mando da nosa televisión, que consistía en estar cambiando continuamente de canle; por exemplo, un neno ten o mando e dous son a televisión, estes últimos deben improvisar e facer diferentes xestos, movementos etc. segundo a canle que esteamos a ver. A improvisación teatral para nenos e nenas é unha poderosa ferramenta para a súa formación e desenvolvemento, ademais de ser un recurso moi valioso, non só para adentrarnos no teatro e actuacións, senón que todos os exercicios de improvisación que realicemos cos nenos  e nenas poden aplicalos para o seu día a día. Practicando teatro e improvisando axudámoslle aos cativos e cativas a estimular a súa creatividade.

Son actividades que teñen moito éxito nas nosas tardes, encántanos disfrazarnos e improvisar!!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>