Personaxes enlazados

   Ás veces no teatro como na vida é necesaria a compenetración coas outras persoas coa finalidade de sacar a obra adiante. Para iso, é importante a comunicación e a necesidade de chegar a acordos cos demais.

   Para tomar conciencia disto, decidimos poñer en marcha unha dinámica na que era preciso establecer un clima de confianza coa outra persoa para acadar os obxectivos. O xogo consistía en realizar unha pilla por parellas, pero coa característica de que todas as parellas irían unidas polos pés. 

   A verdade e que foi unha dinámica na que puidemos observar como algunhas parellas querían ir cada un para un lado, outras que se movían moi despacio, outras que caían, outras que se movían rápido grazas a unha boa comunicación e outras porque un dominaba a toma de decisións e o outro daba a súa aprobación. Pero en tódolos casos vimos parellas que estaban disfrutando.

   Foi unha dinámica de sinxela aplicación pero coa que obtivemos unha gran aceptación por parte dos nenos.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>