Teatro da auga

   Durante esta última semana na Escola de Educación Infantil do Milladoiro, continuamos a explicarlle aos nenos que unha personaxe pode chegar a tomar vida en case que calquera persoa e calquer situación. Deste xeito, a través do apartado de Diverciencia da nosa programación, decidimos elaborar con eles un pequeno experimento para chegar a comprobar que pasaría se pintamos personaxes ou fuguras cun rotulador sobre papel de aluminio e lle engadimos auga.

   Para isto, decidimos presentarlles diferentes anacos de papel de aluminio e deixarlles uns rotuladores de cores para que debuxasen o que quixesen (soles, flores, arañas, corazóns ou persoas, entre outros, foron os resultados das creacións). A continuación, dobramos o papel para evitar que a auga que engadiriamos posteriormente se vertese por fóra. Por último, fomos vertendo coidadosamente a auga e as nosas formas ían cobrando vida grazas ao seu movemento case espontáneo.

   Para os nosos nenos foi un momento case máxico, xa que observaban abraidos como as súas formas se ían movendo no marco da escea creada previamente.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>