Convivir en paz

A educación para a tolerancia, a solidaridade, o respecto, a non violencia e a paz son motivos para conmemorar este día.

En Ventín decidimos crear un mural entre todos e todas no que nos preguntabamos “que vemos?” se pechamos os ollos e pensamos na Paz. Os nosos rapaces e rapazas fixeron xustamente iso e escribiron en notas as ideas que lle ían xurdindo. 

Saíron ideas como: “a paz é o que nos une a todos”, “que teñamos todos os mesmos dereitos”, “facer amigos”, “visitar a familia”, “que me respeten”, “ir da man con alguén”, “un bico”, etc.

Nalgúns casos mesturamos o que é paz co que é felicidade pero quedamonos con que foi unha experiencia moi positiva.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>