Lolo, o loro

Esta semana tivemos unha visita moi especial na Maía. Veu a conocernos o Loro Pancho e quixo contarnos a súa historia. Pancho é unha marioneta de man que percorre cidades, vilas e aldeas cos seus pequenos amigos e amigas (marionetas de dedos) facendo emocionarse ás persoas que acuden de público a ver as súas diferentes obras de teatro. Pero Pancho díxonos que estaba un pouco triste, porque no pasado temporal, o seu teatro itinerante quedou feito anacos; polo que pediu axuda aos nenos e nenas de Tardes.

Serían capaces de construír en equipo un novo teatro? Como ademais moitos membros da compañía están de baixa a causa da gripe… poderían crear tamén novos personaxes e inventar historias desas que deixan pegada?                    

Como non podía ser doutra forma todas e todos puxéronse mans á obra. Coma sempre, para a elaboración deste encargo tan importante, utilizouse material de refugallo; así, reutilizando caixas de cartón e paus recollidos no patio do centro educativo, elaboraron o teatro e os personaxes tan ansiados por Pancho. O loro quedou encantado, porque os nenos e nenas traballaron en equipo e deron conta das súas dotes imaxinativas e artísticas.       

Pero aínda hai máis, agora Pancho está con moitas ganas de poder ver as mini obras de teatro que os nenos e as nenas están preparando en pequenos grupos. Aínda non sabe nada da posta en escena, o único dato que coñece é que os guións están centrados en temáticas sobre diferentes valores: resolución de conflitos, igualdade, interculturalidade… Está moi ilusionado e profundamente agradecido. Pero o sentimento é mutuo, porque estamos comprobando as grandes cousas que somos capaces de facer.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *