Adiviña quen

Durante esta última semana, na Escola de Educación Infantil do Milladoiro tivemos unha atractiva actividade relacionada co teatro na que os propios nenos caracterizaron e interpretaron ás personaxes.

   Para realizar a actividade, dividimos aos nenos en 4 grupos de idades variadas. A cada un dos grupos, de forma secreta, díxoselles cal era a personaxe que logo terían que representar. Pero antes, deberían caracterizarse entre eles, tendo coidado que os demáis grupos non escoitasen nomear a personaxe ou as súas características.

   Unha vez completamos a caracterización por grupos, chegou o tempo da representación. Fomos saíndo a escena por orde para interpretar a historia que nos ía contando o narrador “corrían veloces”, “saltaban na auga”, “voaban en todas as direccións “, “agocháronse dun salto ruxindo”. Desta maneira, coa excelente interpretación dos nenos, cos datos que ía engadindo a narradora e con algún son característico, os demais grupos adiviñaron e aplaudiron a interpretación do resto. 

   Adorables leóns, rápidos leopardos, simpáticos morcegos e áxiles rás, encheron a nosa tarde de imaxinaxión e ledicia.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>