Tocou traballar, pero tamén cobrar

En Tardes Divertidas da Escola de Educación Infantil do Milladoiro decidimos poñer en marcha unha actividade relacionada co apartado de igualdade da nosa programación ao tempo que adecentamos os nosos xoguetes.

Dita dinámica, consistiría en establecer tres liñas de traballo onde habería uns compañeiros encargados do traslado de xoguetes, outros do seu lavado e outros do seu secado en cada liña. Para iso, dividimos aos nenos en tres grupos, un formado por nenas, outro por nenos e outro mixto sen que eles se decataran. Unha vez completaron o traballo (hai que dicir que quedoron coma novos), empezamos a pagar simbolicamente cuns papeis que poñían 1€ e 5€.

En cada un dos grupos repartíuselle 1€ ás nenas e 5€ aos nenos e fómoslle preguntando se estaban contentos co seu soldo. Todos responderon que si. Fomos grupo por grupo preguntando en voz alta canto cobraban as nenas e canto os nenos e se estaban contentos co seu soldo. A resposta seguíu sendo si, pero con certa reticencia e desánimo entre as rapazas. A continuación chegou a pregunta clave, preguntámoslles se consideraban xusto que os nenos e as nenas cobrasen diferente pola realización dun mesmo traballo, ao que responderon todos que non.

Esta foi unha dinámica moi entretida para eles, xa que lles encantou transportar, limpar, secar e coidar o seus xoguetes e que se prestou para poder abordar dun xeito máis lúdico un tema serio como é o da desigualdade.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>