De pista en pista… dramatizando vamos!!

Outra semana máis seguimos co teatro entre mans, desta vez a través dun xogo de pistas. Este consistía en percorrer diferentes partes do colexio, seguindo pistas que ían atopando polo camiño. En cada pista os nenos e nenas tiñan que facer diferentes accións, tales como: caracterizarse, pintar a cara, dramatizar diferentes situacións… 

Formamos dous equipos cos cativos/as de diferentes idades, e cada equipo debía mostrarlle as diferentes accións que tiñan que levar a cabo ao outro. Desta forma puidemos ver e rirnos entre todos  moito coas situacións que tivemos que dramatizar. Unha tarde moi amena e movida onde gozamos con esta actividade.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>