Efectos especiais

Estes días recibimos a visita de Lupe, unha personaxe inventada para a ocasión, que veu explicar ás nenas e ós nenos de tardes os segredos da iluminación no mundo do teatro. Despois de xogar con lanternas, cores, música, teatro de sombras, etc Fixeron unha pequena actividade na que utilizaron a técnica fotográfica da “pintura con luz”, que consiste en sacar unha foto, mentras se move unha fonte de luz. A través desta práctica fixeron moitos debuxos abstractos de gran orixinalidade, así como outros facilmente identificables.

Ademais de xogar cas luces, falamos dos efectos especiais e experimentamos creando e xogando con neve, elaborada con auga e co pó que obtimos duns cueiros. Para dárlle cor á neve puxemos unhas gotiñas de colorante e o efecto encantounos.

Foi unha semana moi produtiva en canto aprendizaxe. O teatro gústanos tanto dentro das bambalinas coma fóra.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>