Os 3 ces: Crear, caracterizar e comunicar

   A proposta que levamos a cabo esta última semana no colexio do Milladoiro estaba relacionada coa creación, caracterización e comunicación de personaxes.

   Para poñer en marcha esta actividade, o primerio que fixemos foi dividir ao gran grupo en 3 grupos máis reducidos. A todos os grupos fíxoselle un mesmo encargo, a creación e caracterización dun personaxe. No entanto, os recursos dos que ían dispor eran variados. O primeiro dos grupos, debería crear e caracterizar a súa personaxe con plastilina en palillos. O segundo, nun folio con rotuladores e cores. E o terceiro, con peluches e accesorios. En tódolos casos deberían poñerlle un nome e algunha calidade a resaltar. Por último, foron presentando as súas personaxes aos demais compañeiros, indicando o que sabían facer e como o facía. Saíronnos personaxes dun so ollo ou con grandes orellas, con variñas máxicas, acróbatas, intrépidos voadores ou espacias condutores.

   Esta actividade serviunos para potenciar a súa imaxinación e iniciarnos na comunicación e interpretación. Ademais, valeunos para ir perdéndolle o medo a falar e actuar para os demais, gañando autoestima e seguridade.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>