Que puntazo o do braille!!

   Esta semana coincidindo con apartado de batedor de linguas  da nosa programación decidimos realizar unha actividade relacionada coa linguaxe braille.

   Para isto, grazas a un programa informativo facilitado pola Asociación  Once explicámoslle aos nenos e nenas en que consistía e en que medida podía axudar á xente cega. Profundizamos en comprobar como se escribían as letras e a partir de aí propuxémoslles un divertido xogo.

   Primeiro,dividimos aos nenos e nenas en catro grupos con 4 setas que cumprirían a función dos puntos que terían que colocar sobre a plantilla de cada letra. De seguido amosámoslles como se escribía unha letra determinada e eles deberían facela na súa respectiva plantilla. 

   A verdade é que foi unha actividade que lles gustou moito e que nos quedou curta, so esperamos espertar a súa curiosidade por continuar aprendendo.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>