Capilaridade a cores

Este ano á volta ao cole foi moi particular pero iso non nos quitou as ganas de disfrutar e aprender de forma activa. Tendo en conta que a temática deste curso son “Os catro elementos”, durante este primeiro trimestre traballamos A auga.

Polo que decidimos facer unha serie de experimentos moi interesantes coa nosa principal protagonista, a auga,  xunto con papel e colorantes alimenticios, comprendimos como xorden por medio das cores primarias outras cores, logrando finalmente unha transferencia de cores por capilaridade. 

Foi unha experiencia que nos fixo disfrutar moito da ciencia e do coñecemento!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *