O que o vento nos deixou

O aire é un elemento que nos está dando moito xogo, e iso que esta tempada non podemos soprar. Pero sí puidemos crear temporais de aire con varios xogos co paracaídas, voar creando unhas capas con superpoderes coas nosas cazadoras, diferenciar sons dos diferentes elementos e darlle forma a unhas hélices con papiroflexia. Este último obradoiro amosounos as destrezas manuais que temos e o que nos divertimos lanzando os nosos aparellos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *