Avante a toda máquina!!!

Esta semana, na Escola de Educación Infantil do Milladoiro, decidimos aproveitar o aire cargado e os ventos do norte para dirixir o noso barco cara unha nova aventura, coñecer algúns animais do mar a través do ioga.

O primeiro que fixemos nada máis montar no barco foi saudar ao sol e darlle as grazas por acompañarnos nesta travesía. Despois disto, levantamos as velas e tentamos aproveitar toda a inercia do vento co obxectivo de visitar a moitos dos nosos amigos mariños.

Tivemos a sorte, grazas a esta viaxe, de poder facer ioga cos sapoconchos, coas estrelas de mar, coas quenllas e cos cangrexos. Para rematar, tumbámonos na cuberta e tentamos escoitar as ondas do mar e disfrutar da sensación de estar respirando aire fresco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *