Que hai aí? Un meteorito? Un ovni? Non! É o Sol!!
Aproveitando que a choiva nos deu unha tregua, as nenas e os nenos de Ventín, saímos de aventura na busca do pau perfecto, que utilizaremos para construír uns artiluxios que servirán para comprobar a forza do vento. Esta busca levounos a descubrir unha Carballeira estupenda á que voltaremos máis veces. Peques e maiores desfrutamos desta saída e gústounos facer algo todos xuntos, respectando á distancia.