Batman Vs Superman

Quen gañaría? A rapazada de Ventín non sabemos a resposta pero o que si temos claro e que temos un superheroe/superheroína nas nosas vidas. Superheroes que nos axudan cos deberes, que nos fan curas cando caemos, que traballan mil horas dentro e fóra da casa e que sempre queren o mellor para nós. Superheroes/superheroinas con visión láser que saben si lavamos as mans despois de ir ao baño e que cargan as súas súper forzas cando nos ven sorrindo.

Un dos nosos peques quixo compartir con nós un dos seus libros e falounos da súa superheroína favorita. E vós,que superheroe/superheroína coñecedes?

Mentres, deixamos un dos últimos vídeos de Paco Nogueiras para que gocedes da música:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *