O ovo que quería mergullarse

O aire é unha mestura de gases que conforman a atmosfera. Deste xeito, convértese nun elemento  moi importante para a vida na terra grazas ao seu osíxeno ou dióxido de carbono entre outros.

Pero dende a Escola de Educación Infantil do Milladoiro, decidimos ir un paso máis alá para experimentar que cousas poden acontecer se manipulamos e xogamos  con este elemento.

Para isto, e coincidindo  co apartado da nosa programación que destinamos á “Diverciencia”, tentamos o difícil reto (entendido polos nenos como maxia) de tentar introducir un ovo cocido dentro dunha botella. Por suposto, dita acción teríase que levar a cabo sen rompelo, cortalo ou presionalo.

O primeiro que fixemos foi presentarlle aos nenos e nenas todos os elementos necesarios para poñer en marcha dito  experimento. Máis alá dos elementos que xa presentamos, como poden ser o ovo cocido e a botella, para realizar este experimento imos precisar ademais dun chisqueiro, unhas gasas e alcohol. A continuación, empapamos ben as gasas en alcohol, introducímolas na botella e queimámolas. Tras isto, poñemos na cabeza da botella o ovo cocido e esperamos. A medida que imos vendo como se queiman as gasas e o alcohol imos observando como o ovo está cada vez máis preto de introducírense na botella, ata que finalmente remata dentro.

Foi un experimento que gustou moito entre os nenos e nenas e que nos permitiu falarlles sobre os diferentes gases que compoñen o aire.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *