Domando o vento

Empregando como base os paus que recollemos o outro día na nosa saída ao monte,  e con outros materiais como cunchas, las, tiras de cores, témperas e chaves, demos renda solta á nosa imaxinación e creamos uns Móbiles de Vento. O momento creativo enganchou tanto que o tempo pasou voando e case non nos chega para todo o que queriamos facer no noso móbil. Os resultados foron espectaculares e os nosos pequenos e pequenas quedaron con moita satisfacción dun traballo ben feito.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *