Aires da nosa terra

Esta semana, na Escola de Educación  Infantil do Milladoiro decidimos facer un circuíto no que tentaríamos deixar constancia dos refachos do vento e como van cambiando de dirección en función dos obstáculos cos que se atopen.

Para poñer en marcha o noso circuito, botamos man de tabliñas e setas facendo a función dos obstáculos e unha barras e unhas pelotas simbolizando a enerxía do vento e a súa inercia. O obxectivo do circuíto era conseguir  levar as pelotas (as nosas follas) a uns depósitos destinados a recollelas.

Debemos dicir que a actividade resultou ser bastante sinxela para o grupo dos maiores e algo máis complicada no grupo dos pequenos. Pero en ambos casos, resoltou unha actividade divertida.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *