Muíños de vento

Ao longo desta semana as nenas e nenos de Barouta crearon uns muíños de vento moi orixinais. Desfrutaron moito ao longo do proceso e sen dúbida algunha quedaron abraiados e abraiadas en canto viron xirar aos seus muíños grazas a forza do vento. Estamos desexando que a choiva nos dea un respiro para que por fin poidamos gozar do contorno natural da nosa escola. Seguiremos informando…😉

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *