Sempre xuntas

A Nosa atención esta semana céntrase no 8M; día internacional da MULLER.

Os máis cativos e cativas do CEIP A Maia realizamos varias actividades para conmemorar está data tan especial: nun primero momento fixemos Unha asemblea para chegar a acordos sobre o que se celebraba ese día e o porque desta data tan sinalada.

A continuación coloreamos dúas árbores; nunha cadaquén debuxou á Muller máis importante na súa vida e noutra deixamos a nosa pegada de cor violeta. Pasamos unhas xornadas moi divertidas onde aprendemos que todos os días deberían ser o 8M!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *