As mulleres das nosas vidas

Esta semana as rapazas e rapaces de Tardes Divertidas Ventín homenaxeamos ás mulleres máis importantes das nosas vidas.

Para facelo creamos un cadro no que plasmamos as nosas mans de diferentes cores, empregando témperas, e en cada dedo representamos ás cinco mulleres que máis nos influíron. Saíron mulleres moi diferentes como familiares, amigas, profesoras, monitoras, famosas,… todas elas moi especiais. Os resultados ademais de vistosos e coloridos foron tamén moi emotivos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *