Na Terra, prodúcese un fenómeno de atracción constante descuberto hai séculos. Trátase dunha das forzas fundamentais da natureza, de carácter invisible pero moi presente no noso día a día. Estamos falando da forza da gravidade.
En Tardes Divertidas da Escola de Educación Infantil do Milladoiro, decidimos realizar un experimento, coincidindo coa nosa sección de Diverciencia, onde tentamos facer máis visual a presencia desta forza no noso día a día. Para isto, collemos uns cantos botes de refresco vacíos e sóltámolos da nosa man caendo ao chan. Logo, tentamos saltar con todas as nosas forzas, pero o resultado volveu ser o mesmo, toparnos de novo coa terra. Pero, para facelo máis visual aínda, decidimos encher os botes con auga e tentar inclinalos ao máximo. Para sorpresa de eles, ao inclinar moito os botes, estos non caían e parecían imantados ou pegados ao chan, incluso dando voltas ao redor.
Estiveron, parte da tarde entretidos intentando realizar o “máis difícil aínda”.