Mandalas Naturais

Aproveitando o bo tempo decidimos facer uns mandalas ó aire libre.

Para isto recollemos todo tipo de materiais que atopamos o noso arredor como pedriñas,area, herbiñas, paus… e o resultado non podía ser mellor!!!

Gozamos dun gran momento de tranquilidade e de conexión coa natureza grazas a un exercicio previo de relaxación que nos permitiu afrontar a actividade dunha maneira máis sosegada.

Esperemos que Lorenzo nos acompañe máis a miúdo e poder gozar de máis momentos así o longo deste bimestre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *