A Terra a fala e as súas xentes

Como sabemos na Terra existen múltiples idiomas, que marcan e regularizan a realidade das súas xentes. No mundo existen máis de 7000 idiomas.

Pero dende a Escola de Educación Infantil do Milladoiro,  démonos conta de que como sociedade estamos perdendo certas palabras de respecto e cortesía entre as persoas. Cada vez cústanos máis saudarnos entre nós. Por todo isto, decidimos aproveitar a actividade relacionada co Batedor de Linguas para aprender que existen moitas formas de decir ola en múltiples idiomas. 

Para realizar a actividade, decidimos poñer en marcha un xincana por todo o colexio, onde gracias a unha serie de pistas, tiñan que buscar en diferentes lugares a palabra ola en diversos idiomas. O obxectivo era crear con elas un mural.

Foi unha actividade moi entretida para os nenos, xa que mesturaron aprendizaxe, reto e movento físico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *