Esta semana, coincidindo co apartado da nosa programación relacionado coa animación á lectura decidimos realizar unha actividade complementaria cos obxectivos de profundizar nas historias xa coñecidas, organizalas libremente e tentar transmitirllas aos nosos compañeiros.
Para isto, decidimos dividir as viñetas dos contos clásicos e indicarlles que a primeira tarefa que tiñan que facer era ordenalos, debatendo cos compañeiros a colocación definitiva de cada viñeta dentro da secuencia do relato. Unha vez conseguido o acordo e con tódolos contos ordenados, deberían escoller un entre todo o grupo. O seleccionado sería o que lle ían a interpretar libremente aos outros compañeiros.
A interpretación dos relatos, produciuse con moita espectación por parte dos compañeiros e os encargados de interpretalos botaron man de certa imaxinación, pero tamén moi apoiados visualmente na secuencia de viñetas. A de ordenar, foi unha tarefa que lles encantou facer e na que profundizaron na opinión dos compañeiros. Pola súa parte, á hora de interpretar, amosáronse máis reticentes, polo que consideramos este tipo de tarefas moi necesarias