Manipulando a terra

Estes días en Barouta aproveitamos o bo tempo e os nosos marabillosos espacios exteriores, para experimentar coa terra, elemento da natureza que iremos coñecendo ao longo dos meses de marzo e abril. Neste senso, as crianzas de Barouta andan estes días coa terra nas mans. Como? Tomade nota: construíndo castelos, montañas, etc. Imaxinando e creando infinidade de historias. Coñecendo o horto da nosa escola. Pero sen dúbida un dos momentos máxicos foi o descubrimento dun caracol por parte das nenas de infantil.

Que emoción para elas!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *