O bosque animado

En Ventín, aproveitando o bo tempo e as nosas saídas ao monte, decidimos crear mandalas coas nosas propias mans e con elementos naturais!

Pensamos que as mandalas son unha boa ferramenta para traballar a atención, a concentración, a coordinación e a creatividade. E empregando elementos da natureza fomentamos ademais ó respecto cara a mesma.

As nosas rapazas e rapaces escolleron o lugar que máis lles gustou para facelas e deixamos que deran renda solta a súa imaxinación e fixeron unhas creacións (mandalas, figuras, obxectos e representacións) orixinais e especiais  e, nun ambiente de calma total.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *