Que cara teño?

 A integración da educación emocional no noso día a día supón múltiples beneficios no desenvolvemento do neno/a, aportando Unha mellor autoestima, relacións sociais positivas e Unha boa adaptación social.

Por iso decidimos centrar a Nosa atención esta semana, nunha actividade que consistía en escoller( ollos, cellas, boca, nariz…) diferentes partes da cara.

Con todo isto confeccionamos uns rostros moi divertidos con diferentes emocións a tratar.

Consideramos que foi de gran axuda para coñecernos entre todos/as un pouquiño más a través dunha actividade lúdica e gratificante.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *