A primavera chegou ao noso horto

Xa estamos de volta familias!!!

Que alegría nos supuxo ver o noso horto tan fermoso!!! As leitugas creceron un montón e naceron un montón de capuchinas.

Estivemos regando o noso recunchiño e aproveitamos para merendar e xogar o aire libre que tanto nos presta.

Foi un día moi chulo dado que tíñamos un montón de ganas de reencontrarnos cos nosos compis despois desta semaniña que nos sirveu para recargar pilas e vir con máis enerxía que nunca.

Seguiremos informando…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *