Aprendendo con Mermel

Durante a última  semana, na Escola de Educación Infantil do Milladoiro, utilizamos o conto de O mundo raro de Mermel para traballar a diversidade dentro do apartado da nosa programación de animación á lectura.

A través de Mermel e a súa pandilla, viaxamos por un mundo cheo de cores, no que as persoas teñen un valor propio, polo que somos e non polo que temos e no que as diferencias se convirten no que nos iguala.

Foi unha lectura amena e moi valiosa á hora de encarar a diversidade, que nos permite continuar no noso camiño reflexivo en relación á igualdade entre as persoas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *