Arte na primavera

Partindo dun dos nosos paseos pola Natureza máis próxima, falamos sobre as flores e prantas que nos imos atopando e, recollemos algunhas, principalmente as que xa caeron e as que están secas, para levar a cabo a nosa actividade.

Estas flores e prantas que xuntamos, enganchámolas nunha folla e fixemos representacións e composicións, unhas realistas e outras máis abstractas, pero todas moi coloridas, creativas e imaxinativas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *