O Castro de Viladonga

Seguimos coa nosa temática dos 4 elementos esenciais,en particular coa terra que é a protagonista deste bimestre.

A través deste fermoso conto adentrámonos de cheo na cultura castrexa.Coñecemos como se construíron os famosos castros e como era a vida neles.

Nos castros de interior vivíase sobre todo do traballo da terra. A Terra proporcionabaslles todo o necesario para a súa vida: alimentos, madeira, pedras… Axudounos a entender a importancia do noso entorno e a necesidade de coidalo.

E tamén soubemos da existencia de castros na nosa contorna.

Teremos que saír a investigar!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *