Móbiles de cores

Seguimos adecentando o noso recunchiño e esta vez tocoulle o turno a árbore.

Démoslle un segundo uso a botellas de plástico e fixemos unha fermosas flores que colgaremos dela.

Por certo , sabedes que temos unha amiguiña que vive no noso horto?

Chámase Xoana de Arco e é unha lagartixa verde, amarela e con pintiñas negras e marróns.

Un día se queredes ensinarémosvos unha foto dela.

Seguiremos informando…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *