Adentrándonos na terra

Durante esta última semana, na Escola de Educación Infantil do Milladoiro  decidimos tentar descubrir o que existe terra adentro. Para facelo, aproveitamos o apartado de Diverciencia da nosa programación.

Como sabemos, a nosa terra está formada por distintas capas máis ou menos esféricas e concéntricas. Así, podemos saber que existe unha codia, un manto superior, un manto inferior e un núcleo. Tamén  falamos da existencia da hidrosfera, da litosfera e da atmosfera. 

Para facelo máis visual, decidimos botar man de diferentes recursos para ir vendo o que pasaba. Comezamos botando auga e tras isto engadimos aceite, podendo comprobar como quedaba arriba e non se mesturaba. A continuación, engadimos alcol podendo observar a existencia de tres capas diferentes; núcleo, manto inferior e manto superior. A partir de aquí, decidimos engadir uns pétalos que simularían a nosa codia e o espazo baleiro superior representaría a atmosfera. 

Por último, quixemos comprobar en que capa figurarían unhas pedras que atopamos  no patio e uns plásticos. Os plásticos quedaron en superficie  e as pedras adentráronse cara a capa máis sólida.

Foi unha demostración moi visual acerca de como se compón a terra e coa que todos gozaron.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *