Enlazados

A psicomotricidade é unha actividade moi agradecida dentro da nosa etapa educativa. É unha proposta que sempre ten unha gran acollida entre as nenas e nenos da Escola de Educación Infantil do Milladoiro.

Nesta ocasión, centrámonos nunha actividade que ademais potenciaba a confianza entre alumnos e o seu afecto mútuo que tanto precisan nos tempos actuais.

A actividade consistía en percorrer unha distancia previamente establecida, unidos a outro compañeiro por diferentes partes do corpo de cada vez. Para elo, utilizamos un lazo e fomos enlazando aos nenos pola cintura, brazos, xeonllos ou pés.

Foi unha actividade da que puideron disfrutar e que trouxo consigo moitas risas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *