Lume

Tanto da palabra lume como arredor del xorden un montón de ditos e cantigas tradicionais.

Esta semana estamos vendo e escoitando un sinfin destas cantigas como por exemplo unha que agrupa os 4 elementos sobre os que traballamos este curso,o conxuro da queimada!

Ademais temos previsto facer unha clase de ioga aproveitando este tempo tan agradable que nos está acompañando…

Por certo o noso horto sigue xenial como poderedes observar na nosa planta de capuchina que xa botou flores de dúas cores e na leituga que saborearemos no bocata do xoves.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *