De foguetes e vermes candentes…

     Esta última semana as nenas e nenos da Escola de Educación Infantil do Milladoiro tivemos a sorte de poder disfrutar, gracias á actividade de Diverciencia, de dous experimentos relacionados co lume. Por unha banda, a preparación de foguetes con fósforos e papel de aluminio e por outra a creación de vermes candentes con bicarbonato, azúcre e alcohol.

     Para realizar os foguetes, tivemos que xuntar tres fósforos e envolvelos polas cabezas con pequenos anacos de papel de aluminio.  Posteriormente, asentábanse na base e prendíamoslle lume. Pola contra, para realiar o experimento dos vermes, tivemos que botar nun prato bicarbonato, azucre e alcohol e mesturalos ben. Ao prenderlle lume os nenos puideron observar como se ían creando pequenas tiras que ían aumentando de tamaño movéndose  de xeito divertido.

   Foron dous experimentos moi visuais cos que os máis pequenos disfrutaron moito e amosaron curiosidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *