2º trimestre: Arriba o telón

O eixe principal en torno ao que xira a programación Do segundo trimestre é o teatro, o que denominaremos “Arriba o Telón”.

O noso obxectivo é que vivencien a través do xogo, as diferentes técnicas que engloban o universo do Teatro (improvisación, interpretación, caracterización, traballo en equipo…) Ao mesmo tempo, traballaremos habilidades sociais (planificación, organización, coordinación…), xa que serán os propios creadores da súa obra de teatro implicándose en todos os aspectos da mesma (guión, decoración, vestiario, iluminación, etc.)

Coa programación que presentamos, queremos crear un ambiente fresco, divertido, onde o único prohibido será “non falar” e aburrirse; e onde terá un papel primordial a educación emocional. Para darlle un fío argumental a nosa historia, imos contar coa Compañía de Teatro “Monicreques Cachirulo”.

Cada un dos integrantes da compañía (un monitor/a caracterizado) será o encargado de presentar as actividades, que estarán relacionadas co cargo que desempeñan en “Monicreques Cachirulo”. Cada personaxe utilizará un recurso diferente para explicar o seu traballo.